Durante os últimos meses estivéronse levando a cabo traballos de mellora en catro parcelas do monte veciñal ocupadas por masas consolidadas de frondosas autóctonas caducifolias, nas zonas de O Folón, Areeiro, Regueiras de As Chans e Laxiade.

Realizáronse traballos de roza, poda e eliminación de especies invasoras (Acacia melanoxylon principalmente) nunha superficie de aproximadamente 7 has.

As actuacións foron subvencionadas mediante fondos europeos e atópanse incluídas no investimento 3 (I3) do compoñente 4 (C4) do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España: Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde, cuxo obxecto é incentivar actuacións de axuda á rexeneración natural de frondosas ca¬ducifolias, así como a aplicación dunha silvicultura activa que favoreza a recuperación das masas existentes.