Colabora

COMUNEIROS/AS

Facéndote comuneiro/a pasas a ser copropietario/a do monte veciñal, adquirindo o dereito a asistir e participar na Asemblea Xeral de comuneiros/as con plena capacidade de decisión, participando activamente na xestión desta comunidade.

A lei establece que só os/as veciños/as da parroquia poden ser comuneiros/as, mediante un/unha representante por cada vivenda. Polo tanto, se vives en Coruxo e a túa casa non conta aínda con ningún/ningunha comuneiro/a que a represente, anímate a dares ti o paso e vén debater e decidir sobre o futuro do noso monte.

VOLUNTARIOS/AS

Faite voluntario/a.

SOCIOS/AS

Outra maneira de colaborar co proxecto da Comunidade de Montes de Coruxo é facéndote socio/a colaborador/a, mediante a cota fixa anual que ti elixas. Segundo a cuantía desta cota obterás a cambio un agasallo; ademáis, manterémoste informado/a das accións que se leven a cabo, para que poidas visualizar en que está a ser investida a túa aportación. Tamén hai a posibilidade de que fagas unha doazón dunha cantidade única.

Só tes que contactar con nós enviando un correo a cdmvdc@hotmail.com co teu nome, dirección e teléfono para acceder á lista de espera para cando teñamos a función activa. Eres Benvido/a a participar activamente noutra maneira de xestionar o noso patrimonio natural!