A acacia negra é unha árbore exótica orixinaria do continente australiano, que nos últimos tempos se extendeu por amplas superficies do litoral galego. Especie de forte carácter invasor, está a transformar profundamente a nosa paisaxe, reducindo drásticamente a biodiversidade. Nos montes que rodean a cidade de Vigo constitúe un importante problema ambiental, agravado polo seu papel na propagación de incendios forestais. As accións que se están a realizar para procurar a súa contención son moi custosas e ocasionan un impacto ambiental engadido debido ao uso masivo de herbicidas.
Algunhas comunidades de montes estamos a ensaiar métodos alternativos non contaminantes. É o caso da experiencia que estamos a levar adiante nunha extensa
parcela do monte veciñal de Coruxo, onde coa axuda do voluntariado ambiental, estamos a controlar a acacia negra con métodos manuais revertendo o seu carácter invasor para transformala nunha especie «aliada» na recuperación do bosque autóctono. Estraño, non si?
O sábado 18 de marzo partillaremos xunto con Uxío da Comunidade de montes de Saiáns esta experiencia convosco nas @picnicsesions !
Animádevos!