Qué son as Comunidades de Montes?
As comunidades de montes veciñais en man común son unha forma de propiedade colectiva que teñen a súa orixe no dereito xermánico ou “de usos e costumes”, polo cal os territorios arredor das aldeas foron dende sempre xestionados e aproveitados de maneira directa polos veciños e veciñas segundo as súas propias regras.
En Galiza existen máis de 2.700 comunidades de montes veciñais, que son posuidoras de máis de 600.000 hectáreas de terreo (33% da superficie forestal galega), das cales a metade están xestionadas conxuntamente coa administración.
O único requisito para ser parte da comunidade (copropietario/a do monte veciñal) é o de ser veciño ou veciña da parroquia e que nesta exista monte veciñal. Mediante unha solicitude á Asemblea Xeral ingrésase na comunidade, pasando a obter os plenos dereitos en canto a capacidade de decisión e desfrute do monte.
As comunidades primitivas
As comunidades humanas de hai milleiros de anos mantiñan un modo de produción primario, resultado do desamparo no que se atopaban no medio, con moitos recursos naturais accesibles e con moitas circunstancias que actuaban na súa contra, mais con poucos recursos materiais para transformar o seu medio. Por iso, o traballo común, ou a socialización dos medios de produción, eran básicos para a supervivencia da comunidade. Esta etapa da humanidade estaba caracterizada por un baixo nivel de desenvolvemento do traballo, a propiedade colectiva dos rudimentarios instrumentos e ferramentas e a distribución igualitaria dos produtos.
Un traballo tan primitivo cubría as mínimas necesidades vitais, mais non creaba excedente algún, e esa carencia impedía a explotación humana. Nese réxime económico, o traballo e a produción estarían directamente determinados polas necesidades colectivas. Ao non existir excedentes, non existía desigualdade de bens nin a necesidade dun Estado redistributivo. Ao ser unha sociedade baseada no autoconsumo, todas as súas relacións sociais eran comunitarias. Este modo de produción foi substituído, dependendo do lugar ou a época, ben polo modo de produción escravista ou ben polo modo de produción feudal.
O reino galaico-suevo
A orixe dos montes veciñais, desde un punto de vista histórico e sociolóxico, sitúase na organización social prerrománicacastrexa dos callaicoi, herdeira do comunitarismo primitivo das sociedades anteriores mais cun desenvolvemento da xerarquía social. Sobre a sociedade castrexa impúxose a xerarquía social romana mudando algunhas formas de explotación do medio. Logo da romanización, o pobo xermano dos suevos instálase na antiga Gallaecia no século V e alíase cos galaicos, xa romanizados, creando o primeiro Reino da Europa medieval, con centro administrativo en Bracara Augusta (Braga), que xa fora centro da cultura castrexa e posteriormente romana. Así, crearon unha estructura administrativa e nacional propia no mundo coñecido, con alianzas exteriores, fronte aos visigodos.
A Igrexa foise implantando como institución do Reino de Galicia e formalizouse a distribución interior en parroquias, institucións que se manteñen invariables ata hoxe en día, igual que a superior estructura comarcal en arciprestados. Tras un século de guerras, os visigodos anexionan o Reino de Galicia, mais respectan unha ampla autonomía política por causa da especial gobernabilidade e idiosincrasia cultural galaica. Mais, pouco despois, o reino ibero-visigodo foi destruído polos árabes, recobrando Gallaecia a súa soberanía e iniciando a expansión cara ao sur.
Dereito xermánico e consuetudinario
As comunidades humanas de hai milleiros de anos mantiñan un modo de produción primario, resultado do desamparo no que se atopaban no medio, con moitos recursos naurais accesibles e con moitas circunstancias que actuaban na súa contra, mais con poucos recursos materiais para transformar o seu medio. Por iso, o traballo común, ou a socialización dos medios de produción, eran básicos para a supervivencia da comunidade. Esta etapa da humanidade estaba caracterizada por un baixo nivel de desenvolvemento do traballo, a propiedade colectiva dos rudimentarios instrumentos e ferramentas e a distribución igualitaria dos produtos.
Un traballo tan primitivo cubría as mínimas necesidades vitais, mais non creaba excedente algún, e esa carencia impedía a explotación humana. Nese réxime económico, o traballo e a produción estarían directamente determinados polas necesidades colectivas. Ao non existir excedentes, non existía desigualdade de bens nin a necesidade dun Estado redistributivo. Ao ser unha sociedade baseada no autoconsumo, todas as súas relacións sociais eran comunitarias. Este modo de produción foi substituído, dependendo do lugar ou a época, ben polo modo de produción escravista ou ben polo modo de produción feudal.
Para que unha conduta se cualifique como costume e teña efectos xurídicos, precisa de dous elementos imprescindibles:
Uso xeneralizado e repetitivo
Só pode considerarse costume un comportamento realizado por todos os membros dunha comunidade. Así mesmo esta conduta debe ser reiterada no tempo, sendo parte integrante do común actuar dunha comunidade. Dificilmente se pode considerar costume unha conduta sen antigüidade, unha comunidade pode pórse de acordo en repetir unha conduta no día de hoxe en diante pero iso non a converte en costume, convértea en lei.
Conciencia de obrigatoriedade
Todos os membros dunha comunidade deben considerar que a conduta común ten unha autoridade que os obriga, de tal xeito que non pode obviar dita conduta sen que todos consideren que se violou un principio fundamental da vida comunitaria. Nese sentido é claro que existen condutas cuxo uso é xeneralizado e moi repetitivo, mais sen ter emparellado o concepto de obrigatoriedade.
Só coa confluencia destes dous elementos podemos considerar que nos atopamos fronte a un costume como fonte de dereito e de deberes.
Considérase que figuras como as relacións xurídicas mancomunadas ou a comunidade de bens proceden directamente do dereito xermánico, dado que o dereito romano baseábase na idea de propiedade individual.