Voluntariado ambiental no monte de Coruxo
TRABALLOS DE REXENERACIÓN DO BOSQUE AUTÓCTONO
O domingo 26 de febreiro continuaremos as tarefas de recuperación do bosque autóctono no entorno do monte Abilleira.
Completada a plantación da Regueira do Maúxo, nesta ocasión os traballos consistirán no entitorado das árbores que plantamos o pasado ano, no acondicionamento ou retirada de protectores individuais, no escachado de abrochos de eucalipto e na reposición das árbores que secaron (poucas, afortunadamente), que serán substituídas por outras novas.
Sería de moita utilidade que trouxérades machadas para a eliminación de eucaliptos e o manexo das estacas (a falta de machada, un martelo pode ser útil para cravar os titores), así como tesouras de podar ou navallas para cortar as bridas. Levaremos ademais algunha laia para as replantacións. Lembrádevos de traer luvas, así como roupa e calzado apropiados.
Coma sempre, @s menores de 16 anos deberán vir acompañad@s dunha persoa adulta; se teñen entre 16 e 18 anos abondará coa autorización da nai, pai ou titor/a legal.
Quedamos no lugar de costume: o local social da Comunidade de Montes de Coruxo (https://goo.gl/maps/51xzoVUhszMtqCAK7).
Remataremos a actividade en torno ás 13:30h. Podedes anotarvos contactando a través do whatsapp no número de teléfono 653904642. A data límite para as inscricións é o xoves 23 de febreiro.
Agardámosvos!!